lunes, 24 de noviembre de 2014

Unha saída deliciosa!

O pasado xoves  1º e 2º de primaria realizamos a primeira saída do curso. Fomos ao taller de marmeladas ARELA. Alí Dulce explicounos como elaboran a marmelada artesá desde a recollida de todos os foitos que utilizan, contounos que para elaborar a marmelada só precisan tres ingredentes: friota, limón e azucre. 


Unha vez feita, enchen os botes a man un por un e os tapan. Os meten no autoclave, que é unha máquina que os esteriliza de xermes e failles o vacío fara que se conserven mellor. Logo péganlles as etiquetas e repártenos por tendas especializadas.
Ademáis de marmelada contounos que tamén fan licores e frotas en conserva.
Logo da interesantyísima explicación podemos degustar xelatina feita con froita natural da horta de Dulce, croquetas de castañas e marmelada de amorodos …. Todo estaba delicioso.
Cando nos despedimos de Dulce e do seu home regaláronnos un bote de marmelada a cada un para poder compartila coas nosa familias.

Foi unha saída deliciosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario